O BNG pide o goberno de Ferrol que rexeite a proposta de modificación do servizo de transporte público da Xunta

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no Concello de Ferrol, pediu esta mañá ao goberno municipal que rexeite a proposta de modificación do servizo de transporte público presentada pola Xunta de Galicia «por tratarse dunha reorganización de horarios que non supón un incremento dos servizos e non recolle as principais propostas da plataforma de usuarios e de defensa do transporte público

Cualificou de «decepcionante» a actitude da Xunta de Galicia e considera que a proposta elaborada pola Dirección Xeral de Mobilidade «non presenta ningunha alternativa que permita superar e mellorar a situación actual despois de meses de denuncias dos usuarios e usuarias.«

Además, considera necesario que a Xunta «acometa melloras no transporte público de xeito inmediato«, incrementen os servizos e as frecuencias mediante a recuperación dos servizos directos á Coruña cada hora desde as 6.30h e a recuperación de servizos específicos para traballadores e traballadoras e os e as estudantes e a implantación dun servizo de transporte que considere a accesibilidade universal como un dereito.

Tras analizar a proposta formulada pola Xunta de Galicia «queda claro que se trata dunha mera redistribución de servizos que non modifica o número de quilómetros estabelecido na concesión en vigor, que está condicionada ao periodo lectivo e que obvia as reclamacións que se lle fan por parte dos usuarios e usuarias.»

Para Iván Rivas a resolución deste problema «é só cuestión de vontade política por parte da Xunta de Galicia dado que o actual contrato recolle como causa para a súa modificación a prestación de servizos especiais como os que a día de hoxe se teñen suprimido, ademais da posibilidade de adoptar modificacións do contrato para implementar servizos de interese municipal.«

Lea también

O BNG de Ferrol afirma que «a lingua galega está viva e que a sociedade está disposta a defendela»

O BNG de Ferrol a través dun comunicado anuncia que diferentes colectivos da cidade de …