Sinalización vertical nos accesos ó polígono industrial Río do Pozo, Narón

O polígono industrial de Río do Pozo conta dende hai uns días cunha nova sinalización vertical nos accesos polas avenidas Bernardo Romero e Gonzalo Navarro.

O concelleiro de Promoción Económica de Narón, David Pita, indicou que en total se instalaron catro elementos, dunha altura duns catro metros, e que supuxeron ás arcas locais un investimento duns 15.000 euros.

A través destes paneis verticais, en cor azul, dase a benvida ó polígono ás persoas que acceden dende as citadas avenidas, dende a zona de Freixeiro e de Castro. “Con estes catro elementos melloramos a sinalización do polígono, un labor no que estamos traballando e que indica os límites do parque empresarial por dous dos principais accesos ó mesmo” apuntou Pita.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …