Obradoiro «Xuntas» dirixido a mulleres maiores de 50 anos en Narón

O Concello de Narón abriu o prazo de inscrición no obradoiro “Xuntas”, dirixido a mulleres maiores de 50 anos con doenzas psicosomáticas, depresión, ansiedade… e cunha escasa rede de apoio social.

A edil de Igualdade, Mar Gómez, explicou que esta iniciativa aposta por ofrecer ó colectivo un espazo no que coñecer a outras persoas, mellorar a autoestima, realizar actividades diferentes na procura do benestar psicosocial e ofrecer un tempo de desconexión da rutina diaria.

Gómez indicou que se ofrecen un total de trinta prazas prazas para esta convocatoria, en grupos máximos de dez persoas, de balde e que se impartirá dende este mes ata xuño no Centro Comunitario das Vivendas da Mariña. Haberá un total de tres quendas: os martes de 10.00 a 12.00 ou de 16.00 a 18.00 e os mércores de 16.00 a 18.00 horas.

Utilización do teléfono móbil, redes sociais, xestión emocional, autoestima e autocoidado emocional, perspectiva de xénero, o estrés, relación coa dor, beneficios de compartir… son algúns dos temas que se abordarán nas sesións a levar a cabo. “É moi importante nestes casos ofrecer ás persoas que acudan ao obradoiro unha serie de ferramentas que lles axuden no autocoidado emocional e no cambio de perspectiva ante diferentes situacións que poidan vivir” asegurou Gómez.

As persoas interesadas en anotarse poden facelo ata o 31 de maio ás 00.00 horas, podendo presentar as solicitudes no Rexistro do Concello, na Sede Electrónica ou a través de calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas utilizando o formulario dispoñible na Sede Electrónica do Concello.

As prazas cubriranse por rigorosa orde de entrada das solicitudes no Rexistro. Para obter máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario de Narón, no primeiro andar do Concello, ou a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións 1115, 1108 e 1109)

Lea también

El PP de Narón celebró asamblea para elegir nuevo equipo directivo. Calvo pidió “xenerosidade e altura de miras”

“Si hoxe estamos aquí é por todo o que fixeron outros antes en momentos complicados. É …