Cursos na Aula Cemit de Xuvia en Narón

A Aula Cemit de Xuvia acollerá a partir da vindeira semana dúas novas accións formativas para as que xa está aberto o prazo de inscrición. A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, indicou que se trata dos cursos de “Competencias dixitais en ofimática” e “Internet e informática básica”.

A acción formativa de “Competencias dixitais en ofimática” consta dun total de 240 horas, que se impartirán do 20 de xaneiro ó 18 de abril en quenda de mañá, de 9.30 a 13.30 horas. Ofértanse un total de nove prazas e entre o contido a abordar están temas como os sistemas operativos, internet, intranet e correo electrónico, aplicacións informáticas de procesamento de texto, base de datos, para presentacións e de folla de cálculo. As inscricións poden tramitarse a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/37900

O curso de “Internet e informática básica” consta tamén de nove prazas e terá unha duración total de 124 horas, que se impartirán dende o 20 de xaneiro ata o 4 de marzo en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas. No curso tratarase o inicio básico no uso dun ordenador. Neste caso, as inscricións realízanse no enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/37901.

As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, recibindo as persoas admitidas nos mesmos unha chamada telefónica na que se lles confirmará esa admisión.

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …