O BNG propón dotar a Ferrol dun «bosque comestible» ao amparo das axudas para a transición xusta

Iván Rivas e María do Mar López en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol propón ao goberno municipal que elabore un proxecto para a implantación dun “Bosque Comestible” na ladeira norte do barrio de Canido co obxectivo de presentar esta proposta á convocatoria aberta de axudas que o goberno central desenvolve no marco da transición xusta nos concellos afectados polo peche das centrais de carbón.

Iván Rivas, portavoz do BNG en Ferrol, sinala que este proxecto «debe formar parte dunha estratexia municipal baseada na necesidade de recuperar o abundante e rico patrimonio paisaxístico existente na cidade e que a día de hoxe se atopa en situación de abandono e deterioro«. Ademais esta pode ser «unha oportunidade de financiamento para desenvolver unha proposta que xurde da propia veciñanza do barrio. Unha proposta que busca darlle uns usos axeitados a un espazo hoxe sen uso algún.«

O bosque comestible «é unha forma de diferente de desenvolver unha zona verde na cidade, converter unha zona nun parque urbano cun deseño diferente ao habitual, a idea é combinar tanto arbores frutais como plantas comestibles perennes, cultivos de raíz, setas nos que ademais de zona de lecer se podería utilizar como lugar de divulgación medioambiental.«

O BNG considera que é «preciso que o goberno municipal se poña a traballar nesta proposta medioambiental e aproveitar a oportunidade de converter unhas parcelas sen uso algún nun recurso en positivo non só para os veciños e veciñas de Canido senón para toda a veciñanza da Ferrol

A zona proposta para esta intervención, e a modo orientativo, situaríase na ladeira norte do barrio de Canido en paralelo coa rúa Celso Emilio Ferreiro e de cara a enseada da Malata. Unha zona que limita cunha parte da rúa Ronda e dende este lugar ata o camiño do lavadoiro, limita coa autoestrada e a Estrada Alta do Porto. A zona proposta conta tamén cos elementos patrimoniais do lavadoiro de Insua e a ubicación dun baluarte e a liña da vella muralla de Ferrol, «hoxe desaparecidos ou sepultados baixo terra«.

Cómpre lembrar que as axudas do Ministerio para a transición xusta «están orientadas a financiar intervencións entre as que se sitúan infraestruturas ambientais ou para a posta en valor do patrimonio natural entre outras posibilidades

Antigo Vertedoiro de Mougá

O BNG considera que outro dos proxectos que poden ser presentados para optar a concesión destas axudas é o da recuperación para o uso público dos terreos que ocupa o antigo vertedoiro de Mougá «e acometer a transformación desta zona da cidade para convertela nunha grande zona verde.«

O  proxecto de selado do antigo vertedoiro de Mougá «supuxo unha intervención sobre unha zona de 93.000 m2 onde se asentaba o que fora un dos vertedoiros máis grandes de Galiza, que máis tarde completaríase a recuperación desta zona coa clausura da antiga planta de compostaxe da Mancomunidade«.

Iván Rivas, portavoz nacionalista, indicou que o obxectivo debe pasar por converter este lugar, hoxe abandonado, «nunha nova zona verde, de ocio e paseo recuperando un espazo degradado para a cidade do mesmo xeito que se teñen recuperado zonas similares noutros concellos do noso país

Así mesmo, vincuado a este proxecto «debe ir a recuperación da aula Reciclaterra para a elaboración de talleres e actividades vinculadas á formación medioambiental.«

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …

Un comentario

  1. pacharitaferrolano

    Si no lo leo no lo creo, pero esos terrenos tendrán propietarios no?….,y llevan años esperando un plan urbanístico para poder construir o sacarle un rendimiento. Por otro lado, que favor se le hace a las frutería y tiendas minoristas con tener un bosque comestible? Y para remate, quien va a custodiar la fruta y resto de manjares, o nos olvidamos de los roba peras y manzanas que muchos vivimos en otros tiempos?. Creo que hay que » madurar » mucho mas esta propuesta.