Unha unidade móvil de ADOS estará nas inmediacións de Odeón

Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este venres 14 e o sábado 15 de xaneiro, nas inmediacións do Centro Comercial Odeón, na Gándara (avenida Cataluña).

Na xornada do venres 14 de xaneiro a unidade móbil permanecerá na zona indicada entre as 15.30 e as 21.00 horas e deste sábado, día 15, estará tamén operativa nese lugar dende as 10.00 ata as 15.00 horas, tal e como indicaron dende ADOS.

Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ó persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento.

Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.

Lea también

Curso de operador de carretillas e plataformas elevadoras-PEMP en Narón

A concellería de Formación, dirixida pola edil Natalia Hermida, convoca un curso de Operador de …