Conferencia sobre «Nenos con altas capacidades, o reto de educalos» en Narón

O Concello de Narón organiza en colaboración coa Asociación Áurega (Asociación de Familias de nenos con altas capacidades, talentos e inquedanzas intelectuais) a conferencia “Nenos con altas capacidades, o reto de educalos”.

A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, presentou este venres, día 14 de xaneiro, no Concello a iniciativa xunto con Estela Brañas, vicepresidenta de Áurega, e Begoña Ramos e Elena Silvar, secretaria e vogal, respectivamente, da citada entidade. A conferencia terá lugar o vindeiro 22 de xaneiro, de 17.00 a 19.00 horas, no Auditorio municipal.

Taibo avanzou que Olga Carmona e Alejandro Busto, psicólogos fundadores do Centro Ceibe e escritores, serán os poñentes nesta conferencia, aberta á participación da cidadanía en xeral.

Pola súa parte, as representantes de Áurega destacaron a implicación do Concello e agradeceron o interese que amosan neste tipo de convocatorias docentes e orientadores “que participan nestas actividades e é moi importante porque educar ós menores con altas capacidades é un reto non só no ámbito familiar senón tamén no educativo”.

Dende a citada entidade atenden na actualidade a preto de 80 familias e case cen rapaces acoden ás actividades que organizan ó longo do ano.

As persoas interesadas en asistir deben inscribirse a través do correo electrónico: secretaria@auregaasociacion.gal, indicando o seu nome e apelidos.

Lea también

A Biblioteca municipal de Narón acolle a exposición “Anacos”

A planta soto da Biblioteca municipal de Narón acolle ata o vindeiro 6 de abril …