Teatro do Noroeste estrea a obra “Último verán en Santa Cristina” en Narón

O Pazo da Cultura de Narón acollerá esta fin de semana, o venres día 28, ás 20.30 horas, e o sábado día 29, ás 20.00 horas, a estrea da obra de teatro “Último verán en Santa Cristina”, escrita e dirixida por Eduardo Alonso e de cuxo elenco forman parte Luma Gómez, Miguel Pernas, Xavier Estévez, Manuela Varela e Maxo Barjas.

As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Culturawww.padroadodecultura.es a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

A compañía Teatro do Noroeste trae a Narón esta obra, enmarcada no xénero do drama e de algo máis de hora e media de duración.

A peza conta a historia dun rapaz de 12 anos que en 1960 pasou o seu último verán nunha praia, a de Santa Cristina, preto da cidade na que vive. Anos despois recibe unhas cartas supostamente da súa nai, falecida, que lle recordan aqueles tempos da época franquista. Trinta anos máis tarde deses veraneos, a través da lectura das cartas e dos seus imprecisos recordos o home descobre as relacións triangulares da súa nai, o seu pai e un amigo fuxido e enrolado na última partida de guerrilleiros antifranquistas que aínda existía en Galicia no ano 1960.

Lea también

Narón promociona o turismo, cultura e gastronomía local en Expocidades en Ferrol

O Concello de Narón participa en Ferrol cun expositor propio na sexta edición da Feira …