Unha unidade de ADOS desprazarase dous días desta semana á cidade de Narón

Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue ADOS desprazarase este mércores día 26, e o xoves día 27 á cidade de Narón, concretamente ás inmediacións do novo centro de saúde do Alto do Castiñeiro.

A unidade móbil permanecerá operativa entre as 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas en ambas xornadas.

As persoas que acudan a doar deben almorzar e no caso de xantar, terán que agardar dúas horas para realizar a extracción. É preciso presentar ó persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento.

Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …