O BNG pide ao pleno de Ferrol rexeitar o parque eólico mariño «Nordés»

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha proposta que será debatida no vindeiro pleno municipal co obxectivo de «protexer a nosa costa fronte a pretensión de instalar na mesma proxectos de eólica mariña«. Así é que o BNG propón que o pleno rexeite a instalación do “parque eólico mariño Nordés”, situado fronte as costas de Ferrolterra e presente as alegacións correspondentes co obxectivo de solicitar ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a paralización do mesmo. Así mesmo anima aos colectivos e entidades da zona a presentar alegacións ao mesmo.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, indicou que é preciso que os grupos políticos de Ferrol «amosemos o noso posicionamento contrario a este macro proxecto impulsado por compañías privadas ás que se lles está a regalar os recursos e a paisaxe natural a cambio de irrisorias compensacións«. Rivas lembrou que o problema non é a enerxía eólica «senón o xeito no que se están a desenvolver estes proxectos, de maneira masiva, non planificada e a grande escala afectando a zonas de grande valor ecolóxico, medioambiental ou patrimonial«.

Lembra que o parque eólico mariño “Nordés” preténdese instalar a tan só 30 quilómetros das costas de Ferrolterra, «causando un grande impacto xa que será visíbel desde as praias do noso concello ademais de que terá graves consecuencias na actividade pesqueira, como nos fondos mariños afectados polo trazado do cableado até a costa«. Neste sentido cómpre indicar que o 81% deste parque se sitúa no caladoiro de pesca de “Praia Nova” «e que o mesmo proxecto advirte que “calquera alternativa proposta nesta zona é susceptíbel de afectar de algún modo a varios caladoiros de pesca.” Lembra, ademais, que a plataforma continental galega, con fortes pendentes próximas á costa «impide localizar estes aeroxeneradores lonxe do litoral si non se sitúan sobre plataformas flotantes, unha tecnoloxía hoxe en fase experimental e que non contempla o parque proxectado

Para o BNG o boom de proxectos de parques eólicos tanto terrestres como mariños no territorio galego «non responde as necesidades enerxéticas dos galegos e galegas que, tal e como recolle o documento presentado a día de hoxe, a contribución mediante fontes de enerxía renovables á xeración eléctrica galega xa é do 65% polo que non ten senso que continuemos a asumir os custes medioambientais e económicos deste tipo de infraestruturas tal e como ten acontecido cos encoros ou as centrais térmicas a cambio de nada«. Este boom eólico «só responde aos intereses económicos das transnacionais que os promoven e que están a desenvolver todas estas iniciativas de maneira acelerada porque pretenden financiar estes parques eólicos de propiedade privada con recursos públicos procedentes dos fondos Next Generation.«

Ademais, o desenvolvemento deste macro-parque «non suporía unha rebaixa no prezo da enerxía para os galegos e galegas que pagamos o mesmo por KW que o resto do Estado pese a asumir os custes destas infraestruturas«.

Iván Rivas, portavoz nacionalista, considera que o goberno do Estado «se comporta como un trileiro, xa que somete a información pública e avanza na tramitación deste proxecto eólico cando desde o pasado mes de xullo o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico decidía declarar unha moratoria e suspendía a tramitación de novos proxectos de eólica mariña en augas territoriais, medida que se publicaba nunha disposición adicional no Real Decreto-lei 12/2021, de 24 de xuño e que lle permitiría ter rexeitado a tramitación deste macro-parque

Lea también

Los Mupis de Ferrol promocionan la Semana Santa

El Ayuntamiento de Ferrol ha actualizado los mupis que dan la bienvenida a la ciudad …