Curso de “Contabilidade e Recursos Humáns” na Aula Cemit de Xuvia, Narón

A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, informou sobre a apertura do prazo de inscrición nun curso de Contabilidade e Recursos Humáns que terá lugar na Aula Cemit de Xuvia.

A convocatoria realízase a través da plataforma Cemit da Xunta de Galicia, polo que as persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/38078

Esta acción formativa consta dun total de 180 horas, de carácter presencial, e que se impartirá entre o 7 de marzo e o 10 de maio en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas. O alumnado abordará temas vencellados ó uso de ferramentas de facturación, polo que está enfocado a empresarios e emprendedores, podendo anotarse calquera persoa interesada no mesmo.

Ofértanse un total de nove prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, recibindo as persoas admitidas nos mesmos unha chamada telefónica na que lles confirmará esa admisión.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …