O Esteo logra unha sufrida victoria ante o Transricard Distrito Ventorrillo

Instante do encontro ante Transricard Distrito Ventorrillo | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Valiosos e sufridos tres puntos os logrados polo O Esteo na tarde do sábado ante un rival directo coma o Ventorrillo, co que xa alonxa o descenso en nove puntos.

No noveno partido do O Esteo en As Somozas, máis dous en Fene, marchaba ao descanso con 2-4 o equipo coruñés dos ex ponteses Martín, Matos e Aitor.

Pero na segunda metade O Esteo foi un vendaval, recurtaba distancias Cokito tras aproveitar un balón morto no segundo pau, e logo era Guillán quen aproveitaba un pase do mesmo xogador para establecer o empate.

Logo foi o experimentado Jhony o que facía un golazo pola escadra, e poñía distancia de por medio o cadro pontés tras picar un balón Guillán ante a saída do porteiro, e logo era Alberto o que facía o 7-4 que parecía definitivo.

Pero os coruñéses venderon cara a derrota e a piques estivo de botar de menos O Esteo un poste de Jhony e un longueiro de Jandro neste segundo tempo.

Tras algúns balóns perdidos en defensa o equipo branquizaul recurtaba distancias por medio de Marcos a falta de medio minuto e logo era Martín o que anotaba faltando tan so un segundo, incluindo anteriormente varios paradóns de Failde.

Sen tempo para máis O Esteo queda nunha magnífica quinta praza con 32 puntos antes de visitar no derbi ao Café Candelas O Parrulo «B», que suma 28.

O Esteo: M. Failde, Cokito, Guillán, Jhony, Troncho – Alberto, Jandro, Héctor, J. Failde.

Transricard Distrito Ventorrillo: Óscar, Martín, Matos, Hugo, Meirelas – Marcos, Kevin, Brais, Alex, Aitor.

Goles: 1-0, Troncho (2´), 1-1, Matos (6´), 2-1, Jandro (7´), 2-2, Alex (8´), 2-3, Martín (9´), 2-4, Marcos (18´). 3-4, Cokito (22´), 4-4, Guillán (24´), 5-4, Jhony (30´), 6-4, Guillán (32´), 7-4, Alberto (33´), 7-5, Marcos (39´), 7-6, Martín (40´).

Incidencias: Amarelas a Jhony e Marcos. Uns 50 espectadores no Pavillón das Somozas.

Lea también

O Café Candelas O Parrulo “B” juega ante el Caja Rural Atlético Benavente

Los ferrolanos necesitan los tres puntos en su lucha por la permanencia. Empieza la recta …