O Esteo logra unha importante victoria ante Leis Pontevedra

Instante do partido ante Leis Pontevedra | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Gran vitoria do O Esteo 4-2 ante o Leis Pontevedra para apuntalar a cuarta praza e pelexar polos postos de play off nestas seis xornadas restantes, pero sobre todo para garantir a salvación no peor dos casos con 41 puntos, que non é pouco para un equipo que chegou a ir de último.

Nun encontro no que visitaba Somozas o histórico Leis Pontevedra que xogara na Primeira División na 2007-08, empatado a puntos cos ponteses, adiantabanse os de Marcos e Senén tras un forte disparo de Alberto, e a poucos segundos do descanso era Héctor quen marcaba internándose polo segundo pau. Entremedias empatara Simón dun bo disparo pola escadra.

Na segunda parte O Esteo adicouse a manter a ventaxa con apenas ocasións de perigo visitante ben desbaratadas polo gardameta, ata que a falta de sete minutos sorprendía Saúl cun disparo a media altura a M. Failde.

Pero cando parecía que o encontro camiñaba cara a igualada, Jandro, e Héctor ao borde do final poñían o 4-2 en sendas contras para os locais, que se sitúan cuartos con 41 puntos antes de visitar ao perigoso Universidad de Valladolid.

Gran partido con animación e agasallos nas Somozas, con moita cativería por primeira vez, i é que por desgracia a rapazada nesta campaña 2021-22 non puido disfrutar de fútbol sala en As Pontes.

O Esteo: M. Failde, Cokito, Héctor, Alberto, Jhony – Jandro, J. Failde, Troncho, Eloy.

Leis Pontevedra: Álvaro, Nico, Mario, Joni, Cley – Adri, Arturo, Alberto, Saúl, Simón, Raúl.

Goles: 1-0, Alberto (14´), 1-1, Simón (17´), 2-1, Héctor (20´). 2-2, Saúl (33´), 3-2, Jandro (36´), 4-2, Héctor (39´).

Incidencias. Amarelas a Héctor, Troncho, JFailde, Joni, Álvaro, Adri. Máis de 100 espectadores no Pavillón das Somozas.

Lea también

Jornada de iniciación al surf en la playa de Pantín, Valdoviño

Santiago de Pantín Surf School organiza una jornada de iniciación al surf el próximo sábado  …