O BNG mantivo un encontro coa veciñanza de Ferrol

O deputado do BNG, Néstor Rego, e o voceiro municipal da organización nacionalista no Concello de Ferrol, Iván Rivas, mantiveron un encontro coa veciñanza da localidade para trasladar e compartir o labor do BNG na cámara baixa do Estado. Rego remarca o traballo do BNG na defensa “insubornábel” dos intereses dos galegos e galegas, así como o traballo incesante que a organización nacionalista leva adiante buscando solucións para a crise que atravesa o País, e moi especialmente a comarca de Ferrol. Destaca as numerosas iniciativas rexistradas a prol de manter a carga de traballo e asegurar a diversificación da actividade en Navantia, garantindo así a continuidade dos postos de traballo. Anuncia tamén a proposta dun paquete de medidas urxentes para paliar os efectos da escalada de prezos que afecta a todos os galegos e galegas e repercute en todos os sectores económicos.

Durante o encontro, o voceiro municipal, Iván Rivas destacou a defensa “coherente e insubornábel” dos intereses da Galiza e da clase traballadora desde a toma de posesión no Congreso de Néstor Rego. Unha voz galega comprometida coa defensa do País desde o primeiro minuto, como se puido comprobar co Acordo de Investidura acadado polo BNG que logrou desbloquear a Axenda Galega após catro anos sen representación do nacionalismo galego na cámara española.

Mais o Goberno de coalición, PSOE e UP, non parece ter apuro no cumprimento do asinado. Algunhas partes do acordo como a referida ás peaxes da AP-9, a rexeneración da Ría do Burgo ou o inicio das negociacións dentro das Mesas de Transición Xusta nas Pontes e Meirama, foron iniciadas ou cumpridas en parte, mais con outros aspectos non amosan intención de executar o pactado” denuncia o deputado nacionalista.

Un plan industrial

Alén do máis, destaca as diversas iniciativas para a diversificación da actividade nos estaleiros de Navantia na Ría de Ferrol e garantir a súa carga de traballo. “Esta comarca precisa dun plan industrial- unha promesa adquirida repetidamente polos diferentes gobernos- e pasa por eliminar as restricións actuais e aproveitando todos os segmentos da actividade, incluída a construción naval civil, que potencialmente poidan concorrer nas instalacións de Navantia” reivindica Rego. Tamén son destacar outras iniciativas referidas á cidade de Ferrol, como son a cesión dos terreos sen uso militar por parte do Ministerio de Defensa, a reclamación de compensacións polas exencións deses terreos no pagamento do IBI ou o perigoso estado de moitas das baterías militares abandonadas.

Por último, Rego deu a coñecer o recente rexistro de iniciativas reclamando ao Goberno accións inmediatas para paliar a actual crise económica e a escalada de prezos xeneralizada. As medidas que defende o BNG pasan pola posta en marcha de xeito urxente dun plan de axudas aos distintos sectores económicos, destacando o sector primario, agro e pesca, para asegurar o mantemento da actividade. “É urxente unha baixada temporal de impostos aos carburantes, para reducir os prezos do gasoil e da gasolina, así como a redución ao 4% do IVE da luz e a intervención pública no mercado eléctrico e nos beneficios das grandes compañías eléctricas a conta de recursos naturais que son de todos e todas as galegas” destaca o deputado nacionalista.

A situación actual é insostíbel e as perdas económicas, laborais e sociais que poden implicar, incalculábeis” sinal Rego, que considera inconcibíbel a inacción dos responsábeis políticos con competencias na materia que seguen se actuar. Frente a esta pasividade, Rego rexistra iniciativas estabelecendo medidas excepcionais para adoptar de maneira urxente e contribuír a minimizar o impacto que a actual crise.

Derrubar muros para garantir o futuro en Ferrol

Pola súa banda, Iván Rivas sinala que Ferrol é unha cidade chea de muros que compre derrubar. O derrubo de muros físicos como a muralla do Arsenal para integrar os terreos existentes tras ela na trama urbana da cidade. “Tamén o derrubo de muros mentais como o confinamento dos estaleiros ao ámbito militar para poder acceder ao ámbito da construción civil na procura da tan ansiada diversificación industrial, ou a cancelación do privilexio do Ministerio de Defensa para non ter que pagar tributos que nos permitiría contar con recursos económicos de millóns de euros ao ano para investir na cidade” reivindica o voceiro municipal.

Lea también

Ferrol apuesta por un ocio nocturno seguro y libre de violencias

La concejala de Mujer e Igualdad, Elvira Miramontes, avanzó que el Ayuntamiento de Ferrol se …