Representación da obra “Que animaliño é?” de Trémola Teatro en Cabanas

Os nenos do Punto de Atención á Infancia (PAI) As Viñas de Cabanas asistiron á representación da obra “Que animaliño é?”, de Trémola Teatro, un espectáculo sensorial e de teatro infantil para aprender e xogar cos animais en galego.

A actividade foi organizada polo Servizo de Normalización Lingüística que o Concello de Cabanas comparte cos concellos de Ares, Mugardos, Neda e Valdoviño, e está dirixida a crianzas a partir dos 6 meses. De feito, ademais da representación de Cabanas, tamén se levará a cabo en Mugardos, Ares e Valdoviño en datas ó longo do mes de marzo e abril.

“Que animaliño é?” conta a historia de Paula, unha nena que recibe unha caixa máxica a partir da que comezan a saír animais e, grazas a eles, descubrirá moitas cousas. As súas protagonistas, creadoras e impulsoras da obra, son Paula Regueiro e Lucía L. Golán.

Lea también

As Pontes licita a 2ª fase das obras na avenida de Ortigueira

O Concello das Pontes aprobou o expediente de licitación da segunda fase das obras de …