Recepción do equipo de Gazapo Gestión, gañador da First Lego League Galicia, Narón

A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu este martes, día 22 de marzo, xunto coa edil de Ensino, Mercedes Taibo, a representantes do equipo de Gazapo Gestión SL de Narón, que o pasado 5 de marzo gañou a First Lego League Galicia, unha competición que tivo lugar en Ferrol.

O equipo naronés representará a Galicia na final estatal que terá lugar o vindeiro 2 de abril no Pazo de Congresos de Torremolinos, en Málaga.

Preto de medio cento de rapazas e rapaces, algúns deles alumnado do CPR Santiago Apóstol e do colexio da Solaina, acudiron a esta competición xunto cos seus monitores. O citado martes, durante a súa estadía no Concello aproveitaron a ocasión para conversar con Ferreiro e Taibo e contarlle a súa experiencia no certame e a súa ilusión por participar na final.

A alcaldesa e a edil de Ensino felicitaron persoalmente ó equipo e destacaron o seu traballo na área da robótica, ó tempo que coñeceron polo miúdo o funcionamento do robot que realizaron e tamén dun xogo de mesa que eles mesmos deseñaron e que distribuirán por algunhas instalacións da cidade, como centros de ensino e a Biblioteca.

O equipo de H4CKZ4P0S logrou o primeiro posto co seu proxecto C0N3CT4 no evento celebrado no campus ferrolá da Universidade da Coruña (UDC), ó que acudiron máis de 300 rapaces de diferentes municipios galegos de entre 4 e 16 anos.

A First Lego League é o evento de robótica educativa máis importante e con máis difusión a nivel mundial, tal e como indicaron dende Gazapo.

A alcaldesa desexoulles, ó igual que a edil naronesa, moita sorte na final que se celebrará en Málaga, animándoos a “desfrutar ó máximo da experiencia” e comprometeron o seu apoio ó colectivo

Lea también

Axenda en Narón o 20 e 21 de abril

Sábado 20 de abril de 2024 Actividade: Obradoiro “Encadernación ecolóxica” Hora: 11:00 Lugar: Centro cívico …