Esta «finde» representación da obra “Rastros” e o musical “De ellos aprendí”, Narón

O Pazo da Cultura de Narón continúa coa programación deseñada dende o Padroado da Cultura unha vez rematada a sétima edición do Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular. Ó longo do vindeiro mes de abril poderanse ver diferentes espectáculos dirixidos a todo tipo de públicos.

Este sábado, día 2 de abril, representarase a obra “Rastros”, da compañía Condetrespés. Unha muller libre, Esther, é a protagonista desta peza, unha libertaria finisecular que tería topado o seu lugar nas actuais manifestacións feministas. A obra pivota sobre a súa liberdade e polas debilidades que a fan a muller galega do seu tempo. O espectáculo dará comezo ás 20.00 horas e as entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

Na xornada do domingo, día 3 de abril,  haberá dous pases, ás 12.00 e ás 18.00 horas, estando actualmente esgotadas as entradas para o primeiro, do musical “De ellos aprendí”, de Artes Escénicas Gaudium.

As escenas e personaxes da Sereiña, o Rei León, Frozen, Aladdín, Rapunzel ou A Bela e A Besta irán a aparecendo en escena como protagonistas deste musical. Nove actores, bailaríns e cantantes con todas as voces en directo e arroupados por unha gran escenografía acompañada de proxeccións e un coidadísimo vestiario. O prezo das entradas é de 16 euros no patio de butacas, 14 no primeiro anfiteatro e 12 no segundo.

Lea también

O Concello de Narón acolle ata o 3 de maio unha exposición sobre saúde mental

A pranta baixa do Concello acolle dende este xoves 18 e ata o vindeiro 3 de …