Axenda cultural do 31 de marzo ó 3 de abril de 2022, Narón

Xoves 31 de marzo de 2022

Actividade: “O gran Camiño” Hora: 20.30 Lugar: Pazo da Cultura

O Padroado da Cultura de Narón adheriuse ó Ciclo de Cine Mestre Mateo, que se iniciará coa proxección do documental “O gran Camiño”, protagonizado por dous cineastas que emprenden unha aventura por varias rutas a pé polo mundo, entre elas o Camiño de Santiago. A entrada é de balde.

Venres 1 de abril de 2022

Actividade: “Noite de Reis” Hora: 20.30 Lugar: Pazo da Cultura

Alumnado do Practicum da Escola de Teatro de Narón protagoniza esta peza, dirixida por Celia González, e coa que se pecha o programa deseñado con motivo do 40 aniversario da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón. A entrada é de balde. 

Sábado 2 de abril de 2022

Actividade: “Rastros” Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Condetrespés trae a Narón esta obra, protagonizada por unha muller libre, Esther, unha libertaria finisecular que tería atopado o seu lugar nas actuais manifestacións feministas. O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). 

Domingo 3 de abril de 2022

Actividade: “De ellos aprendí” Hora: 12.00 e 18.00 Lugar: Pazo da Cultura

As escenas e personaxes da Sereiña, o Rei León, Frozen, Aladdín, Rapunzel e A Bela e a Besta aparecen es escena neste musical de Artes Escénicas Gadium. As entradas para o primeiro pase, ás 12.00 horas, están esgotadas, se ben aínda queda algunha dispoñible para o das 18.00 horas. O prezo das entradas é de 16 euros no patio de butacas, 14 no primeiro anfiteatro e 12 no segundo.

Lea también

La biblioteca municipal de Ferrol cierra por obras

La biblioteca municipal de Ferrol ubicada en la plaza de España por motivos ajenos a …