Espectáculos “Golfa” e “A cazola de Lola” no Pazo da Cultura de Narón

O teatro regresará de novo esta fin de semana ó Pazo da Cultura de Narón, con dúas propostas para o sábado e o domingo cuxas entradas están á venda no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

A primeira cita desta semana será o sábado día 9 ás 20.00 horas, cunha obra de teatro contemporáneo, “Golfa” da compañía Crémilo. Trátase dunha peza protagonizada por Amanda e Fran, adolescentes que durante uns meses foron parella e que trala ruptura leva a Amanda a padecer un terrible acoso virtual que levou ós seus pais a denunciar ó seu exnoivo. Unha pintada de “golfa” aparece un día ás portas da instituto, precedendo a historia desta obra.

Na xornada do domingo 10 será o turno do público familiar e infantil, coa peza de monicreques “A cazola de Lola” a partir das 18.00 horas. Tanxarina trae a Narón este espectáculo, protagonizado por Lola, que sempre leva enriba un cazo que a fai distinta aos demais, moi sensible, cun gran sentido artístico… e que chegado un momento complícalle a vida. A aparición de persoas maravillosas fará que todo cambie para a protagonista desta obra.

Lea también

O Goberno de Narón chega a un acordo para manter o servizo de madrugadores

O goberno local e as Anpas de Narón chegaron a un acordo para manter temporalmente …