Charla aberta sobre «A normativa en materia de garantías»

A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha nova charla da iniciativa “Venres de consumo responde”

A convocatoria será nesta ocasión sobre “A nova normativa en materia de garantías” e terá lugar este venres, día 8, ás 12.30 horas a través da aula virtual de consumo.

Aquelas persoas interesadas en participar na convocatoria poden facelo a través da web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl debendo acceder a través do apartado “Venres de consumo” e entrar na ligazón da videoconferencia para unirse á reunión.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo de danza tradicional “Ceibe”

O Pazo da Cultura de Narón acolle esta fin de semana unha nova proposta, o …