O BNG de Ferrol insta ao alcalde a solucionar os problemas de persoal do Concello

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que o alcalde da cidade «non pode seguir mirando cara outro lado a respecto dos problemas de persoal do Concello: xardíns, bibliotecas e traballadores de deportes

Instan ao alcalde de cidade, Ángel Mato, a «mudar a súa actitude fronte a estas problemáticas, a obriga do goberno municipal é atopar unha solución as mesmas«. É por isto, que o BNG considera preciso que o goberno local «adopte as medidas oportunas para solucionar estes conflitos, dialogue cos mesmos e deixe de tentar reprimir ou vulnerar o dereito á folga de todos estes traballadores

O BNG lembra que en diferentes ocasións tiveron feito ao goberno local propostas para mellorar a xestión dos servizos municipais e a situación do cadro de persoal «entre as que se atopaba a remunicipalización dos servizos, a día de hoxe privatizados, moitos deles sen contrato

Lea también

El alcalde de Ferrol mantiene una reunión con la presidenta de Dignidad, Lola Romero

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, se reunió en la mañana de este …