O BNG pídelle a Mato honestidade en relación coa retirada dos símbolos franquistas

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol pide ao alcalde da cidade, Ángel Mato, que actúe con «honestidade e asuma os acordos que él mesmo ten votado favorablemente no pleno de Ferrol en relación coa retirada dos símbolos, distincións e recordos que perduran na cidade do réxime franquista. Votar a favor dun acordo cando nin se asume nin se comparte é enganar á cidadanía.«

O Bloque Nacionalista Galego lembra que hai 40 anos, en marzo de 1981, esta cidade xa retirou do nomenclator municipal o nome de González Llanos «pola súa vinculación co réxime franquista, polo tanto o debate que ten xurdido respecto do acordo adoptado no pleno municipal é un debate extemporáneo.«

O cambio de nome da rúa “González Llanos” (actual estrada de Circunvalación) promovida polo alcalde Xaime Quintanilla, «en pleno postfranquismo e cando nin sequera existía unha Lei de Memoria Democrática, demostra que nesta cidade non só nada temos avanzado senón máis ben retrocedido en temas como este, a eliminación dos espazos públicos dos restos da ditadura franquista.«

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que o alcalde desta cidade debe ser «honesto e se pensa que a súa postura é diverxente á do goberno socialista desta cidade de hai 40 anos, debería votar en contra da proposta máis posicionarse a favor para despois anunciar a negativa a dar cumprimento ao acordo dista moito do que se agarda do alcalde de Ferrol.«

Así mesmo a postura do Partido Popular de Ferrol «quen nun exercicio de cinismo político se abstivo nunha moción que, á vista das súas opinións, non comparten en absoluto, xunto co anuncio da presentación dunha moción para lembrar e honrar á figura dun destacado membro do réxime franquista retrata ben as claras quen é o Partido Popular, a ideoloxía que representa e non ten reparos en votar unha cousa e publicamente asumir outra

Lea también

‘Pingüin’ nova proposta de Afundación para escolares en Ferrol

El Auditorio de la Sede Afundación de Ferrol acoge la última propuesta escénica de la …

Un comentario

  1. «E moi importante» Tamen a retirada de a estatua do Marques de Amboaxe, por negreiro, e o nome as ruas con graduación militar, ainda que non teñan que ver coa dictadura Franquista, ¡en fin!e ue se aumente o preupuesto das asociacions culturais e actos lúdico-festivos, que o arreglo das ruas y estradas do Concello, o problema de suciedade nas mismas, o problema de aparcadoiros, mantenimiento de parques e xardins e outros moitos problemas que afectan de forma directa os cidadans non son importantes para o BNG ou Ferrol en Común, por ido apoyaron a candidatura de Mato, e mais por que non gobernase o PP, non fora a ser que o fixeran millor.
    Prioridade do Político Ferrolan:
    Primeiro eu.
    Segundo o partido.
    Terceiro, enguadar a os parvos con asuntos que non teñen que ver coa Cidade.