Últimas prazas para inscribirse no programa «Coidámonos xunt@s» de Narón

O concelleiro de Sanidade do Concello de Narón, Santiago Galego, informou que aínda quedan algunhas vacantes para participar no programa municipal “Coidémonos xunt@s”

Trátase dunha proposta dirixida a persoas que teñen diagnosticada unha doenza crónica e que queiran facer exercicio adaptado á súa situación para axudar ao seu corpo a levar mellor o proceso da enfermidade. “O obxectivo é que as persoas que participan, con enfermidades crónicas, poidan mellorar a súa calidade de vida”, apuntou o edil.

A convocatoria rematarase no mes de xuño e lévase a cabo no Centro Cívico Social de Xuvia, donde se habilitaron dous grupos. As sesións teñen lugar os luns de 10.30 a 11.30 e os venres de 10.00 a 11.30, no caso dun grupo e os luns e os venres de 11.30 a 13.00 horas, no segundo. En total acoden un máximo de dez persoas por quenda debendo cumprir entre os requisitos estar empadroados en Narón, ser maiores de 18 anos e ter doenzas crónicas.

As inscricións son de balde e poden facerse a través do Rexistro do Concello, da Sede Electrónica, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Para obter máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario municipal, no primeiro andar do Concello ou chamar ó teléfono 981 337 700 (extensións 1115, 1108 e 1109)

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo “O dragón de ouro”

A compañía Sarabela Teatro representará este sábado 20 no Pazo da Cultura de Narón, ás …