Alumnos do CPR Santiago Apóstol reuníronse coa alcaldesa de Narón no salón de plenos

Preto dunha trintena de alumnos de sexto curso de educación Primaria do colexio Santiago Apóstol visitaron o martes, día 19 de abril, o Concello de Narón con motivo das actividades impulsadas a través do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, reuniuse cos escolares ás 10.15 horas no salón de plenos, donde visionou cos menores o vídeo “Nara de Narón” para, a continuación, respostar a cantas preguntas lle formularon.

Os nenos interesáronse por saber que era o máis difícil e o máis doado do cargo de alcaldesa; cantas persoas traballan no Concello e as súas funcións; os motivos que levaron á rexedora local a entrar na política e se xa de pequena quería ser alcaldesa; cal foi a decisión que máis lle custou tomar…. entre outras cuestións.

Unha vez que remataron as preguntas as nenas e nenos recibiron un agasallo institucional, unha gorra da abella “Nara” e un exemplar do libro “Narón pinta ben”, con varios espazos moi recoñecidos da cidade para pintar.

Un explorador e a propia Nara, unha abella de Narón, actúan como guías dos menores nas visitas dramatizadas que se levan a cabo este ano por vez primeira como tal no Concello. Eles reciben ós escolares á súa chegada ó Concello e explícanlles o funcionamento da administración dun xeito didáctico, ó tempo que traballan en grupo cun crebacabezas da cidade.

As visitas escolares programadas a través desta iniciativa continuarán este mes, concretamente o día 26, cando a rexedora local recibirá a un grupo de alumnas e alumnos de sexto de Infantil do CEIP Ponte de Xuvia. En maio será o turno de escolares do CEIP Virxe do Mar, o día 3, e do CEIP A Solaina, os días 24 e 31

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …