Unha unidade de ADOS desplazarase á cidade de Narón

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará a vindeira semana, o luns día 25 e o martes, día 26 de abril, nas inmediacións do novo centro de saúde.

O vehículo permanecerá operativo durante esas dúas xornadas en horario de mañá e tarde, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas.

As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ó mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ó médico se se está tomando algún medicamento.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …