El BNG de Ferrol considera «unha grosería» as declaracións do delegado do Goberno

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no Concello de Ferrol, cualificou como «unha grosería» as declaracións do delegado do Goberno por afirmar que “a inversión na zona é como se construiramos un AVE só para Ferrol” cando as infraestruturas ferroviarias deste cidade «son de hai máis de 100 anos e chegamos antes á Coruña en bicicleta que en ferrocarril.«

O portavoz afirmou que as declaracións do delegado do Goberno son «dunha ordinariez absoluta por contabilizar os 4.700 millóns de euros destinados ás F-110 como investimentos na cidade«, Así, segundo o señor Miñones, «as fragatas F-110 non pertencen ao Ministerio de Defensa senón que son patrimonio de todos e todas as ferrolás

Para o BNG resulta «lamentábel» que isto sexa o «único que teña que dicir nunha cidade á que o Estado lle debe tanto e para a que non ten respostas para os grandes problemas de Ferrol». «Temos que lembrarlle ao señor delegado do Goberno que o goberno central non ten previsto investimento algún nin para o tren nin para a ría e seguimos a manter o mesmo modelo industrial que nos ten traído até aquí, confinando os nosos estaleiros ao ámbito militar.«

Do mesmo xeito resulta significativo que o alcalde desta cidade «considere que a derruba dun muro que divide a cidade en dous e que impide a súa conexión co mar mentres o Estado ocupa o 20% do solo urbano sen aportar un euro ás arcas municipais en concepto de tributos é abrir un tema novo, demostra que estamos diante dun alcalde que non quere abordar nin falar sobre os grandes problemas que ten esta cidade

Lea también

Affinor contará en Ferrol con un local municipal en el barrio de Recimil

Cuatro años después, y consensuado con la entidad, se da este importante paso para que …