O BNG de Ferrol considera «lamentable» que o goberno local use a policía contra o tecido cultural

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera «lamentable» a actitude do goberno municipal de Ángel Mato por abandonar á cultura de base na cidade e por enviar á policía local contra estes colectivos como aconteceu o venres no inicio das actividades da “Palavra Encarnada”.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, acusou ao goberno municipal de ter «abandonado esta iniciativa cultural, unha iniciativa consolidada na cidade á que o goberno municipal tenlle negado este ano apio económico e loxístico«. Así mesmo, resulta evidente que a cultura de base e popular «non entra na planificación do goberno de Ángel Mato

O portavoz tamén avanzou que o BNG pedirá explicacións ao alcalde da cidade polas ordes da concellería de cultura de enviar á policía local para identificar as persoas participantes no recitado de poemas que tiña lugar no palco da música do Cantón o pasado venres, cando esta actividade fora comunicada previamente ao Concello.

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, preside, junto con el almirante …