O BNG urxe ao goberno de Ferrol a tramitar a ordenanza de accesibilidade

Iván Rivas e María do Mar López en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol defendeu este mércores a necesidade de que Ferrol aprobe a Ordenanza de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e esixiu ao goberno local que non demora máis a súa tramitación.

Iván Rivas, portavoz municipal BNG, considera que a cidade «non debe seguir agardando máis para poder contar cunha normativa destas características e defendeu tramitar esta ordenanza con carácter prioritario co obxectivo de contribuir a mellorar a accesibilidade no Concello

O BNG lembra que «levamos agardando por esta Ordenanza moitisimos anos e que tras presentarse múltiples borradores, e pasar varios gobernos, esta normativa nunca chegou a aprobarse nin a publicarse definitivamente«. Así mesmo, cómpre lembrar que o ano pasado o actual goberno municipal anunciou que ia retomar a súa tramitación, abrir un período de consultas para que as entidades interesadas puideran realizar aportacións á mesma «pero isto nunca chegou e efectivizarse». «Un feito que se suma aos reiterados incumprimentos de acordos e anuncios do goberno local.«

Iván Rivas tamén fai referencia a que os borradores existentes «non se axustan à normativa actual tanto a galega como a estatal polo que é imprescindíbel a súa actualización e ter en conta a opinión dos colectivos afectados que levan tamén agardando por ela moitos anos.«

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …