Os bombeiros de Narón sinalan que falta persoal, o concello asegura que cumpren o regulamento

A POSTURA DOS MEMBROS DO SPEIS

Os bombeiros do Speis nun comunicado sinalan que «Co gallo do incendio ocurrido recentemente na urbanización Las Torres de Narón dende os bombeiros de Narón queremos informar da insólita situación que se está dando, nun servizo mermado de bombeiros, e como vinganza as reclamacións dos complementos que non se nos están a pagar por vía de contencioso administrativa a xefatura de servizo e a xefatura de persoal decidiron contratar un oficial para meter en cintura os bombeiros.

O curioso e que tendo que sacar a praza a oposición polo sistema de provisión interna e estando dita plaza na OPE deciden, contrariamente o esperado, cubrila temporalmente mediante unHa lista, na que o único requisito e ter sido sarxento dun parque de bombeiros nos últimos 10 anos, o curioso do tema e que non é preciso ser funcionario de carreira nin ter aprobado ningunha oposición, así por exemplo, o sarxento dun parque comarcal que fose elixido por unha empresa no seu momento podería ocupar a praza.

Varios funcionarios de carreira do noso servizo presentaron instancia a esta praza para demostrar que a nosa formación e tanta ou máis a nivel emerxencias que calquera dos candidatos que se presentan, o máis curioso do tema e que por exemplo, o propio inspector xefe do Speis non cumpre os requisitos, nin por exemplo os xefes de parque de Ferrol ou Lugo poderían.

Dende o colectivo de bombeiros instamos o concello a paralizar esta chapuza, a negociar co colectivo a asunción de funcións de xeito temporal por varios dos integrantes da plantilla ata que saia a praza en propiedade de xeito mancomunado e a contratación de bombeiros que é o que precisa o servizo, xa que se da a circunstancia de ter máis mandos que bombeiros operativos, quedando no parque dous mandos no seu despacho e estando so dous bombeiros e un xefe de dotación a traballar nas emerxencias.

A realidade e que precisamos 5 bombeiros por quenda e a día de hoxe nin sequera os mínimos da RPT 4 por quenda está garantido, situación que se ven arrastrando dende anos anteriores, o concello debe tomar medidas inmediatas para evitar un accidente tarde ou cedo, aumento dos mínimos e contratación inmediata dos Bombeiros necesarios» .

POSTURA DO CONCELLO

Pola súa parte o  concelleiro de Seguridade Cidadá e Speis, Román Romero, indicou respecto ás declaracións realizadas por bombeiros de Narón que «se cumpre de xeito riguroso cos servizos recollidos no regulamento en vigor sobre o servizo, unha cifra igual á contemplada noutros parques de bombeiros da comunidade autónoma».

O edil naronés explicou ademais que «a contratación dun oficial responde á necesidade, precisamente, de dotar de máis persoal ao servizo do Speis, debido a que a persoa que ocupaba a praza ata hai uns meses está nunha situación de servizos especiais traballando noutra comunidade autónoma, sendo a praza de Narón da súa propiedade, motivo polo que non se pode convocar a través da OPE dado que xa corresponde a un funcionario”.

Somos os primeiros interesados en que o servizo funcione ao cen por cento e así o constatan os investimentos que se levan feito nos últimos anos para dotalo de máis persoal e medios para que poidan traballar nas mellores condicións posibles”, subliñou Romero. O concelleiro asegurou que “dende o goberno local estivemos sempre dispostos a escoitar as reivindicacións do colectivo e as vías de negociación para calquera posible proposta estiveron e están abertas a través da Xunta de Persoal, a canle oficial para habilitar calquera posible cambio na área de estruturación do plantel do Concello”.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …