III Certame de Poesía de Cabanas

O Concello de Cabanas anunciou este xoves, día 28 de abril, o “III Certame de Poesía Concello de Cabanas”, que se enmarca na programación posta en marcha polo consistorio cabanés para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea ó autor Florencio Delgado.

O certame ten como obxectivo fomentar o uso e prestixio da lingua galega, en calquera das súas normativas, a través da expresión artística e a creatividade, e está dirixido ó público de todas as idades, divididas en dúas categorías: infantil e xuvenil, até os 17 anos inclusive, e adulta, a partir dos 18 anos.

As persoas interesadas en participar teñen de prazo até o próximo 17 de maio ás 23.00h para facer chegar as súas obras, que deberán ser textos inéditos e integramente en lingua galega, a través do correo normalizacion@cabanas.gal, de acordo coas bases dispoñíbeis na web cabanas.gal

Lea también

As Pontes invirte preto de 110.000€ na mellora da rúa da Balsa

O Concello de As Pontes investirá 109.053 euros, procedentes da Deputación da Coruña, no proxecto …