«Venres de consumo responde» ofrece unha charla sobre «Consumo e xénero»

A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha charla da iniciativa “Venres de consumo responde”

A convocatoria será este venres, día 5 de maio, ás 12.30 horas e durante a mesma abordarase a temática do “Consumo de xénero”

Para poder participar na convocatoria é preciso entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto, da páxina principal, á esquerda, que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e tan só será preciso premer na ligazón habilitada para acceder á mesma.

Lea también

Programa municipal de Narón de Avellentamento Activo

A concelleira de Benestar Social, Catalina García, anunciou que este venres, 1 de xullo, abrirá …