O Concello de Neda celebra este venres “Estes maios entre tod@s”

O Concello de Neda celebrará este venres 13 de maio “Estes maios entre tod@s”. Recupera así a tradición en Albarón, tras 2 anos nos que a actividade se trasladaba forzosamente ás redes sociais pola pandemia.

Así, a partir das 10 horas, o alumnado dos coles de Maciñeira e San Isidro comezarán a elaboración das súas creacións na contorna e, a partir das 16:30 horas, o Concello anima á veciñanza a sumarse realizando os seus maios arredor das árbores neste espazo. Para iso, a Administración local proporcionará o verde, as flores e froita – sendo benvidas tamén as aportacións particulares-.

Amenizará a xornada con actuacións culturais, entre elas, a de Pablo Díaz, co seu espectáculo de música en familia “Tic, Tac, Toc” a partir das 18:30 h, e da CorRal Polifónica de Aturuxo de Melpómene unha hora despois. Una xornada lúdica e de tradición para desfrutar entre tod@s.

Lea también

Ares acada o epicentro de Atenas no marco do proxecto europeo ‘Sporural’

A concelleira de Deportes de Ares, Alma Barrón, e membros do equipo técnico deportivo e …