A glorieta de Freixeiro iluminarase en conmemoración do Día Mundial do Lupus en Narón

A glorieta de Freixeiro permanecerá iluminada a noite do martes, día 10 de maio, de cor violeta con motivo do Día Mundial do Lupus.

O Concello de Narón súmase así á proposta da Asociación Galega de Lupus (AGAL) para sensibilizar á poboación sobre esta doenza e conmemorar simbólicamente esta data.

AGAL é unha entidade sen ánimo de lucro formada por persoas con lupus e as súas familias, ás que ofrece apoio moral, psicolóxico, físico e educativo, ademais de apostar por promover a inserción social das persoas afectadas por esta doenza.

Dende a entidade subliñan a importancia de dar a coñecer a enfermidade para contribuír a un diagnóstico precoz e evitar os seus efectos colaterais.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo “O dragón de ouro”

A compañía Sarabela Teatro representará este sábado 20 no Pazo da Cultura de Narón, ás …