Ares viaxa a Cedeira para asistir á función “Ás oito da tarde, cando morren as nais”

A veciñanza aresán e os interesados doutras contornas municipais terán unha nova oportunidade de achegarse ó teatro producido polo Centro Dramático Galego (CDG), baixo a nova visita que organiza a concellaría de Cultura dentro do programa de Mobilidade da entidade teatral.

O 22 de maio ás 16:00 horas sairá un autobús dende a porta do Sol cara Cedeira, onde se asistirá á función “Ás oito da tarde, cando morren as nais”, dirixida por Marta Pazos, e voltará ó núcleo urbano de Ares preto das 20:45.

Haberá 50 prazas, que xa están disponibles para reservar na biblioteca municipal ou a través do 981 448 057, e toda a actividade terá un custe de 6 euros.

Ás oito da tarde, cando morren as nais afonda na relación que existe entre o teatro e a súa recepción, entre o artista e o público (tanto real como ficticio). A historia desta obra é en realidade un xogo irónico, unha forma de reflexionar sobre a idea de que non existe “o feito teatral” se non hai alguén que dá e alguén que recibe

O espectáculo do Centro Dramático Galego terá unha duración aproximada de 75 minutos e está recomendado para maiores de 12 anos.

Lea también

Prosiguen en Valdoviño los encuentros vecinales, esta vez en la casa de la cultura

Los Encuentros Vecinales en las Parroquias continúan esta semana en Valdoviño. Este jueves 25 de …