Integrantes do Speis de Narón impartiron unha charla sobre autoprotección e seguridade

Integrantes do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón impartiron a pasada semana unha charla sobre autoprotección e seguridade na Fundación Terra de Trasancos, na parroquia do Val.

A citada fundación organizou a convocatoria, que contou tamén coa participación da Policía Nacional. O concelleiro de Seguridade Cidadá e Speis, Román Romero, valorou o feito de que “poidamos retomar dende o Consistorio este tipo de actividades, que xa realizamos antes da pandemia en centros cívicos sociais da cidade, centros de maiores… para ofrecer á veciñanza unhas pautas básicas que lles sexan de utilidade no seu día a día”.

Na charla celebrada no Val abordáronse temas como normas básicas de protección relacionadas cos roubos en domicilios, estafas… a cargo da Policía Nacional, e tamén sobre como reaccionar ante unha emerxencia na vivenda, tanto sanitaria, como por exemplo atragantamentos, como no caso de producirse un conato de incendio ou un pequeno incendio.

Romero avanzou que «na medida do posible, continuaremos apostando por impulsar este tipo de iniciativas de interese social na cidade, ao igual que vimos facendo nos últimos anos»

Lea también

Axenda en Narón o 20 e 21 de abril

Sábado 20 de abril de 2024 Actividade: Obradoiro “Encadernación ecolóxica” Hora: 11:00 Lugar: Centro cívico …