O Pazo de Narón acolle este sábado a representación da peza teatral N.E.V.E.R.M.O.R.E.

A compañía de teatro Chévere traerá este sábado, día 14 de maio, no Pazo da Cultura de Narón a obra N.E.V.E.R.M.O.R.E, unha peza da súa propia autoría, coproducida co Centro Dramático, e de cuxo elenco forman parte Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Mónica García, Artantza Villar e Borja Fernández

A representación dará comezo ás 20.00 horas e as entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Culturawww.padroadodecultura.es a un prezo de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

Esta peza de teatro contemporáneo rescata a temática da catástrofe ecolóxica do Prestige para desenvolver unha narrativa escénica sobre o presente. Os produtores defínena como unha forma de acudir á memoria colectiva dun dos pobos que se poderían borrar do mapa sen que pase nada, pero que no 2002 non se deixou convencer polas mentiras dos que dicían que non pasaba nada. A peza é tamén un conxuro para desfacer o feitizo que segue rodeando a catástrofe do Prestige.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …