O BNG presentará unha moción o pleno de Ferrol pedindo melloras no CAMF

Iván Rivas reunido co comité de empresa do CAMF | BNG

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol anunciou este venres que presentará unha moción ao vindeiro pleno municipal de apoio ás demandas do cadro de persoal e residentes do CAMF de Ferrol «co obxecto de esixir ao goberno central que cubra as vacantes de persoal e mellore as instalacións deste centro.«

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, mantivo este venres un encontro cos representantes do comité de empresa do Imserso e trasladoulles que o BNG vai impulsar unha serie de medidas políticas centradas nesta problemática que irán desde a moción que se presentará ao pleno de fin de mes como presentación doutro tipo de iniciativas concretamente no Congreso dos Deputados.

Afirmou que o goberno central «leva anos sen atender as necesidades deste centro«, defendeu a necesidade de que acometer traballos de reforma e adecuación das súas instalacións, «que levan máis de 30 anos sen unha reforma«, e defendeu que se destinen fondos Next Generation para a modernización deste centro.

O BNG lembra que no CAMF de Ferrol existen un elevado numero de vacantes no cadro de persoal. Un cadro de persoal, «que xa de por si queda escaso», os 157 postos fixados do plantel non cubrirían as necesidades do centro, e «hai que salientar que na actualidade existen 23 vacantes, vacantes que non se cobren«. A esta realidade hai que sumarlle os «atrancos que supuxo a entrada en vigor da última reforma laboral que supuxo que se paralizaran as contratacións temporais neste centro«. Ademais o centro «non esta ao 100%«, na actualidade hai 90 residentes para unha capacidade de 103 prazas, o centro ten unha planta pechada e mantén lista de agarda de usuarios e usuarias.

Iván Rivas considera que o servizo que se presta no CAMF «debe ser considerado un servizo prioritario que debe prestar un servizo adecuado e de calidade polas características das funcións que presta«.

Lea también

El alcalde de Ferrol mantiene una reunión con la presidenta de Dignidad, Lola Romero

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, se reunió en la mañana de este …