LETRAS GALEGAS 2022 NA ZONA NORTE-Sábado 14

EN FENE

(Liga de Amigos de Barallobre)

Exposición de Traballos dos obradoiros de Palillos e Punto Canario, que se poderá visitar ata o martes 17 de Maio.

Hoxe sábado ás 18.30 horas terá lugar unha sesión contacontos para os máis pequenos da casa con Catoxo Carteiro en bicicleta.

EN CARIÑO

Ás 19.30 horas no Auditorio Municipal a compañía “Teatro do Atlántico» pon en escena a obra «Libre coma vos paxaros».

EN MAÑÓN (O Barqueiro)

Ás 19.00 horas o Centro Sociocomunitario de Mañón acollerá a conferencia As Lendas do Cristo de Mouraz da etnógrafa grañesa Ana Durán Penabade.

De 12.00 a 13.00 horas celebrarase na Biblioteca do Barqueiro-Mañón un Obradoiro de libro-anuario.

EN AS PONTES

O Concello porá en marcha, ó longo dos próximos sete días, diferentes actividades para homenaxear ó autor de Valdeorras e así achegar á veciñanza á súa figura e á literatura en lingua galega.

A primeira cita será este sábado, 14 de maio,ás 20:00 horas, no auditorio municipal Cine Alovi co concerto de A Banda da Loba, unhas das formacións máis consolidadas do panorama musical galego actual. Coa poesía e a lingua por bandeira, ofrecerán composicións propias con letras tamén súas ou inspiradas nos poemarios de escritores clásicos e contemporáneos como Rosalía, Celso Emilio, Celia Parra, Andrea Nunes ou Rosalía Fernández Rial, nas que tratan temas importantes para elas coma a diversidade, o ecoloxismo, a memoria ou o feminismo.

EN MOECHE

-O Concello propón ás nenas e nenos coñecer a súa figura por medio dun xogo cooperativo que se desenvolverá este sábado a partir das 12:00 h. na Nave do Mercado. A actividade -coordinada por Xandobela- vai orientada a rapazada maior de 8 anos e require inscrición previa a través de correo@moeche.gal.

O título da actividade é, precisamente, «Quen dis que era Delgado Gurriarán?» e está concibida como unha xincana arredor da obra e a figura do autor. Por medio do xogo a cativería deberá ir superando retos que lle axudarán a resolver un enigma ou cumprir unha misión final.

A actividade se desenvolverá distribuíndo polo recinto do mercado un total de 13 carteis con cadanseu reto. Serán tarefas que a rapazada terá que ir facendo en parellas, todas elas moi sinxelas «para que todas as rapazas e rapaces poidan resolvelas», pero rigorosas abondo para garantir a aprendizaxe ou o reforzo sobre os coñecementos previos que teñan sobre o autor e a súa obra.

Ademais desta actividade organizada para a mañá de hoxe o Concello tamén aproveitará a celebración do 17 de Maio para entregarlles á Casa Niño e á Casa do Maior lotes de libros en galego, co obxectivo de que creen e vaian ampliando cadansúa biblioteca.

EN CERDIDO

-O Concello de Cerdido quere sumarse a esta celebración cultural coa organización de dúas actividades.

A primeira terá lugar este sábado 14 de maio na Área Recreativa O Castro a partir das 18:00 horas cunha representación teatral do grupo Ghazafelhos. Esta actividade é completamente gratuíta e pode asistir calquera persoa que o desexe. A obra está indicada para público de tódalas idades.

Lea también

Aprobada en Ferrol la reparación de aceras en diversos puntos

La Junta de Gobierno Local ferrolano JGL dió luz verde al expediente de contratación de …