A Escola de San Mateo acolle un novo Consello Territorial en Narón

Os Consellos Territoriais de Participación organizados dende a concellería de Participación Cidadá de Narón, dirixida pola edil Catalina García, retómanse este xoves, día 19 de maio, co programado na Escola de San Mateo, que dará comezo ás 18.00 horas. A edil naronesa presidirá a cita, á que tamén acudirán representantes do resto de grupos da corporación local e persoal técnico da Escola de Participación de Narón.

A vindeira semana terán lugar os previstos os días 24 en San Xiao e 25 no Alto do Castiñeiro, nos seus respectivos locais sociais a partir das 18.00 horas e o último programado para este mes será o 31 na Gándara, tamén ás 18.00 horas no local social.

Os Consellos Territoriais continuarán desenvolvéndose o vindeiro mes de xuño, concretamente en Santa Icía-A Solaina, o día 2 no local social de Virxe do Mar ás 18.00 horas, e o 7 en Castroás 19.30 horas no local social “O Paraxe”

As convocatorias deséñanse co fin de coñecer, entre outros, as actividades que as entidades tanto da zona urbana como rural da cidade programarán este ano, así como para establecer posibles vías conxuntas de dinamización da participación cidadá.

Para poder asistir é preciso confirmar previamente a asistencia enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou chamando ó número de teléfono 603 865 413. As datas e horarios de cada unha destas convocatorias poden consultarse na web do Concello de Narón e nas redes da Escola de Participación.

Lea también

Concello de Narón e AGA Ferrolterra organizan charlas sobre a avespa asiática

A delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) e o Concello de Narón …