O BNG considera «inxustificabel» que o goberno de Ferrol so «exacutara o 1%» dos investimentos

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no Concello de Ferrol, exixiu esta mañá ao goberno municipal que mude a política económica e advertiu que «non é aceptábel nin xustificábel que nos tres primeiros meses do ano só se executara o 1% dos investimentos previstos

Considera «moi preocupante» que o Concello de Ferrol «só gastará 239.000€» do capítulo de investimentos no primeiro trimestre do ano tal e como se desprende do informe de execución orzamentaria presentado esta mañá en comisión de Facenda. O goberno de Ángel Mato «se adica a presentar proxectos que despois non executa, como demostra o feito de que dunha previsión de gasto de 26,38 millóns de euros para este ano, no primeiro trimestre só executara 239.000 € é dicir o 1% do total.«

Iván Rivas afirma que isto «é produto dun goberno que se adica a anular proxectos con dotación económica e acordo para a súa execución como a casa de Carvalho Calero no canto de buscar alternativas para resolver os problemas de tramitación.«

O BNG lembra que á vista dos datos reflectidos neste informe despréndese que o goberno local de Ferrol «non ten á previsión de desenvolver novos investimentos posto que a liña de préstamo concertado para financiar os investimentos recollidos no orzamento municipal vixente se atopa a 0€, con o cal non ten financiamento para os mesmos«. Así mesmo a débeda viva do Concello «se sitúa en 5,25 millóns de euros, un 7% dos ingresos correntes, unha cantidade moi por baixo dos límites aos que pode acceder o goberno municipal.«

Iván Rivas indicou, á vista dos dados do informe, «que a xestión económica do goberno de Ángel Mato só amosa prioridade no cobro das multas aos veciños e veciñas de Ferrol que se sitúa no 1º trimestre do ano nun 30% de execución das previsións anuais, recadando xa 680.000€ dos 2,24 millóns previstos para o 2022

Lea también

Reunión entre el alcalde de Ferrol y las entidades vecinales afectadas por las obras de As Pías

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó este viernes en la reunión convocada …