Marián Ferreiro, rexedora de Narón, participa no «I Encontro de alcaldesas”

A rexedora local da cidade de Narón, Marián Ferreiro, asistiu este xoves, día 19 de maio ó “I Encontro de alcaldesas” organizado polo Concello da Coruña. A recepción institucional desenvolveuse ás 13.00 horas no salón de sesións do Pazo Municipal de María Pita, tal e como informou a alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey, que convidou a Ferreiro ó acto.

No encontro de alcaldesas procedeuse á lectura da Declaración de María Pita, no Concello da Coruña, e posteriormente as asistentes posaron para unha fotografía de familia na praza de María Pita.

O programa desta convocatoria continúa cunha sesión plenaria sobre “A igualdade dende os concellos: desafíos e prioridades en tempos de reconstrucción”, no que participarán alcaldesas de diferentes cidades españolas (Sabadell, Castellón, Cartaxena, Barakaldo, e Alcorcón). Tras unha pausa, sobre as 18.15 horas, deu comezo o grupo de debate “Mulleres na toma de decisións. De Pekín 95 á Coruña 22”, que contará coas intervencións das rexedoras locais de Santa Coloma de Gramanet, Xixón, a presidenta da Deputación de Pontevedra, a secretaria Xeral de Igualdade, e a presidenta da Comisión de Igualdade.

Ás 19.00 horas tivo lugar un diálogo entre a ministra de Política Territorial e voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey e no peche, ás 19.30 horas un relatorio a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, para pechar o acto a conselleira de Igualdade e Emprego, María Jesús Lorenzana; a vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados, Ana Pastor; a ministra de Política Territorial e voceira do Goberno, Isabel Rodríguez e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.

Lea también

Curso de operador de carretillas e plataformas elevadoras-PEMP en Narón

A concellería de Formación, dirixida pola edil Natalia Hermida, convoca un curso de Operador de …