A glorieta de Freixeiro en Narón lucirá laranxa no Día Nacional da Epilepsia

O Concello de Narón iluminará este martes, día 24 de maio, de cor laranxa a glorieta de Freixeiro con motivo do Día Nacional da Epilepsia.

Deste xeito o Consistorio naronés únese á campaña da Asociación Nacional de Persoas con Epilepsia-ANPE para visibilizar esa enfermidade, concienciando á sociedade e, ó tempo, normalizando esta doenza.

Así mesmo, dende o Concello difundiranse a través da páxina de Facebook a imaxe e o vídeo “Como actuar”, con información sobre que facer ante un caso dunha crise de epilepsia.

A citada asociación traballa dende hai anos en representar e defender os dereitos das persoas con epilepsia e as súas familias en España, incidindo en que “é o momento de que esas persoas atopen un lugar na sociedade, erradicando falsos mitos”

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …