Os Consellos Territoriais prosiguen esta semana en San Xiao e no Alto, Narón

Os locais sociais de San Xiao e do Alto do Castiñeiro acollerán esta semana dous novos Consellos Territoriais de Participación Cidadá.

As convocatorias programáronse para este martes 24 e mércores 25, respectivamente, e en ambos casos a partir das 18.00 horas, tal e como recordou a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García

A edil naronesa será a encargada de presidir os encontros, nos que estará acompañada por outros representantes dos grupos políticos da corporación local e por persoal da Escola de Participación de Narón. Xuntos analizarán, xunto cos veciños de San Xiao e do Alto do Castiñeiro, as actividades que programan nas asociacións das citadas parroquias no que resta de ano e tamén analizarán diferentes cuestións relacionadas coa actualidade municipal.

Este mes de maio celebrarase outro Consello Territorial, concretamente o día 31 na Gándara, a partir das 18.00 horas no local social. Os dous últimos, cos que se pechará o ciclo deseñado en todos os barrios e parroquias da zona urbana e rural da cidade, terán lugar no mes de xuño, o día 2 o de Santa Icía-A Solaina no local social de Virxe do Mar, ás 18.00 horas, e o día 3 en Castro, ás 19.30 horas no local social “O Paraxe”.

As persoas que desexen asistir deben confirmar previamente enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou chamando ó número de teléfono 603 865 413. As datas e horarios de cada unha destas convocatorias poden consultarse na web do Concello de Narón e nas redes da Escola de Participación.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …