A maga Fani trae este domingo a Valdoviño o espectáculo “Falo porque me peta”

O Concello de Valdoviño pecha este domingo, día 29,  a programación cultural do mes de maio co espectáculo da maga Fani «Falo porque me peta».

Dirixida a un público familiar, a función comezará ás 18 h no auditorio da casa da Cultura, con entrada libre ata completar aforo, e chega ó municipio da man da Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña.

A maga Fani convídanos a través deste espectáculo a realizar unha viaxe escénica, máxica e lingüística, achegándonos á realidade do idioma, repasando o número de persoas no mundo coas que podemos comunicarnos na nosa lingua, as porcentaxes actuais de galegofalantes, os prexuízos en entrevistas de traballo, o uso do galego nos medios de comunicación… a través da maxia, a comicidade e a participación do público.

Lea también

Un trabajador herido al caer desde un puente a las vías del tren en O Barqueiro

Un trabajador fue trasladado después de caer desde un puente a las vías del tren …