Acción formativa “Somos Moitos Tour 2020: Ano Europeo da Mocidade”, Narón

Preto de 150 estudantes da cidade de Narón participaron este martes, día 24 de maio, na acción informativa “Somos Moitos Tour 2020: Ano Europeo da Mocidade” que se desenvolveu no Pavillón polideportivo municipal de As Lagoas.

O edil de Mocidade, Pablo Mauriz, que se desprazou ó evento para conversar cos participantes, explicou que se trata dunha iniciativa impulsada pola Asociación Ingalicia, punto de información da Rede Europea Eurodesk en A Coruña, en colaboración co Consistorio.

«A través desta proposta ofrécense ferramentas, coñecementos e metodoloxías da educación formal ó alumnado, co fin de que poidan coñecer as principais oportunidades a nivel nacional e tamén europeo nas áreas da formación, o emprego e a educación»

Dende as 9.00 ata as 14.00 horas alumnado de primeiro de FP do CPR Santiago Apóstol, de cuarto da ESO do CPR Jorge Juan e do IES As Telleiras e de FP de primeiro de Administración, FP básica de Comercio e Electricidade e Electrónica do IES Terra de Trasancos participaron na convocatoria.

Esta consiste nun “Pobo da mocidade” que se habilitou no pavillón das Lagoas con catro carpas baixo as que se realizaron diferentes actividades participativas prácticas, de xeito individual e tamén grupais. Unha das carpas era “Descubrindo Europa”, para alumnado menor de idade e donde se levaron a cabo actividades gamificadas para explicarlles o concepto de Europa dun xeito divertido.

Na carpa “España para ti” falouse sobre as oportunidades de prácticas e voluntariado para a mocidade en España e na de “Europa para ti” informábase ós rapaces sobre as oportunidades de emprego en Europa.

Na cuarta carpa, “Ahora falo eu”, tiña a palabra o alumnado, ó que se lle propoñían catro temas: medio ambiente, inclusión, diversidade e educación, para elixir un por centro e debatir sobre eles, podendo tamén propoñer os escolares outros temas.

Lea también

Axenda en Narón o 20 e 21 de abril

Sábado 20 de abril de 2024 Actividade: Obradoiro “Encadernación ecolóxica” Hora: 11:00 Lugar: Centro cívico …