O BNG de Narón consegue que o concello invirta en sinalética para persoas con TEA

O pasado mes de abril o BNG de Narón levau a pleno unha moción na que instaban ó goberno municipal de Narón «colocar nos locais municipais e espazo público sinalética para as persoas con transtorno do espectro autista (TEA) para unha maior accesibilidade cognitiva»

A través dun comunicado o BNG de Narón afirma que «é unha prioridade que deben ter as contornas para que as persoas con diferentes necesidades de comprensión poidan utilizar e gozar dos mesmos, favorecendo así a súa capacidade de tomar decisións, a súa autonomía persoal, a participación na sociedade, a inclusión e as mesmas oportunidades que toda a veciñanza»

«En Narón carecemos desta sinalización nos espazos públicos, sinalización baseada en pictogramas, que son debuxos que facilitan a comprensión»“desde o BNG iniciamos unha campaña informativa, asesorámonos con entidades que o traballan e repartimos sinalética adaptada para incidir na súa importancia, a resposta foi moi positiva e xa hai entidades e locais sociais de Narón que contan con esta cartelería a partir desta campaña” explica Olaia Ledo, voceira municipal

«A moción non fora aprobada porque segundo o goberno “estábano a facer” pero a realidade é que , desde que na anterior lexislatura iniciara ese camiño unha concelleira do BNG, non había un só pictograma nos espazos municipais adaptados». «Agora vai no mes de maio cun modificado de crédito; é dicir, non o contamplaban até lembrárllelo». “queda camiño por facer para que a accesibilidade cognitiva en todos os campos sexa unha realidade en Narón; por exemplo para persoas cegas ou accesibilidade sonora mais estamos ledas de que, pasiño a pasiño, a nosa cidade camiñe cara a inclusión e por suposto, danos forzas para traballar e continuar a facer propostas” declara Olaia Ledo.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …