XXV Premio de Investigación «Concello de Pontedume»

O Concello de Pontedeume vén de presentar as bases do seu XXV Premio de Investigación, cumprindo así a súa 25º edición. A concelleira de Cultura, Ángela Piñeiro, anunciou a convocatoria deste certame xunto á decana da Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña, Manuela Santos, e o bibliotecario de Pontedeume, Alejandro Caínzos.

Un ano máis, o tema da investigación versará sobre aspectos de Pontedeume e a súa comarca, dende a perspectiva da descrición propia da etnografía ou das interpretacións propias da antropoloxía social e cultural e da etnohistoria.

“Con este premio buscamos estimular a investigación sobre as raíces de Pontedeume, afondando na nosa historia. Ademais, a celebración este do seu 25º aniversario certifica a consolidación deste premio no panorama da investigación”, sinala a concelleira de Cultura.

Establécese un único premio dotado coa cantidade de 1.140 euros. A lingua empregada nos traballos será a galega. As obras poderán presentarse ata o próximo 22 de agosto de 2022 no Rexistro Xeral do Concello de Pontedeume, remitidas directamente ou por correo.

A resolución do xurado darase a coñecer o próximo 24 de outubro de 2022.

Ademais, o traballo premiado, así como aqueles que o xurado considere de interese, serán publicados na revista de investigación local Cátedra. Revista eumesa de estudios.

As bases do XXV Premio de Investigación do Concello de Pontedeume inclúen o resto de detalles para remitir e participar.

Lea también

As Pontes acolle un curso de xestión de piñeiros

A Asociación Forestal de Galicia, en colaboración con ENEL-ENDESA organiza o segundo bloque das xornadas …