Axenda desta «finde» en Narón

Venres 3 de xuño de 2022

Actividade: “XV Concentración Moteira Cidade de Narón” “X Xornadas de Turismo Activo” Hora: 18.00 Lugar: Paseo marítimo de Xuvia

O Concello colabora co Moto Club Fojeteiros na organización desta tradicional cita, que oferta diferentes actividades durante toda a fin de semana no paseo de Xuvia e noutras zonas da cidade e rutas pola comarca.

Sábado 4 de xuño de 2022

Actividade: “Recreación das Lendas da Pena Molexa”: ruta cicloturista Hora: 11.00 Lugar: Saída do Centro Cívico Social do Val

O Concello e a Asociación de Veciños “Os Irmandiños”, do Val, organizan unha nova edición da Recreación das Lendas da Pena Molexa. O acto central será o 18 de xuño pero o citado día levarase a cabo a primeira actividade do programa, unha ruta en bici para coñecer o patrimonio da parroquia do Val. Poden participar todas as persoas interesadas.

Actividade: “XV Concentración Moteira Cidade de Narón” “X Xornadas de Turismo Activo” Hora: De 10.00 a 23.00 Lugar: Paseo marítimo de Xuvia

O Concello colabora co Moto Club Fojeteiros na organización desta tradicional cita, que oferta diferentes actividades durante toda a fin de semana no paseo de Xuvia e noutras zonas da cidade e rutas pola comarca.

Domingo 5 de xuño de 2022

Actividade: “XV Concentración Moteira Cidade de Narón” “X Xornadas de Turismo Activo” Hora: De 11.30 a 16.00 Lugar: Paseo marítimo de Xuvia

O Concello colabora co Moto Club Fojeteiros na organización desta tradicional cita, que oferta diferentes actividades durante toda a fin de semana no paseo de Xuvia e noutras zonas da cidade e rutas pola comarca.

Lea también

Contacontos no CPR Santiago Apóstol de Narón

A escritora e mestra, Paula Merlán, visitou na xornada deste xoves aos alumnos e alumnas …