22 proxectos aspiran ó premio no VIII Minimarket «Ferrolterra Emprende Xove»

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal xunto co Concello de Narón e o Concello de Ferrol, celebra o próximo martes 7 de xuño, no Auditorio de Narón na Praza de Galicia, a VIII Edición do Minimarket Ferrolterra Emprende en formato de feira.

Así o anunciaron este sábado, día 4 de xuño, no Concello a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro Díaz e o presidente de AJE Ferrolterra, Luis González, que estiveron acompañados polo edil de Promoción Económica de Narón, David Pita.

A través deste concurso entre os estudantes de ESO, Bachirelato e FP das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal preténdese fomentar a iniciativa emprendedora entre os máis novos e durante os dous anos da pandemia tivo que reinvestirse e cambiar o formato.

Nesta edición, que a consideramos coma de lanzadeira despois da pandemia, contamos coa participación de 8 centros educativos e cun total de 22 proxectos nos que participan aproximadamente 100 estudantes. Cada grupo disporá dun pequeno stand no recinto do evento no que expoñer a proposta de proxecto empresarial con o que concorreron a esta convocatoria.

O día do evento se abrirán portas para o público en xeral ás 17:30 horas, sendo entrada libre para todos os interesados, amigos, familiares e compañeiros que queiran coñecer de preto cada unha das iniciativas participantes e votar polo proxecto que máis lles guste xa que un dos premios é a votación popular mediante papeleta.

Na entrega de galardóns, que levarase a cabo arredor das 19:00 h, estará presente o Presidente de AJE Ferrolterra, Luís González Rey, e outras autoridades de entidades patrocinadoras e colaboradoras.

Esta feira é o punto final dun proceso de preparación que se desenvolveu durante todo o curso escolar e que os estudantes tiveron a ocasión de participar nun total de 8 talleres en cada cento impartidos por profesionais destinados a desenrolar facultades coma a capacidade de xestión, a autoestima, a creatividade, as habilidades sociais e persoais, o traballo en equipo.

Ó mesmo tempo tiveron a oportunidade de coñecer a experiencia emprendedora dos emprendedores e ter un mentor empresario para cada centro. A iniciativa conta co apoio do Concello de Narón, o Concello de Ferrol, Gadis e Cándido Hermida.

Lea también

II Xornadas Micolóxicas de Narón

O Consistorio organiza unha nova edición, a segunda, das Xornadas Micolóxicas Concello de Narón. A …