O BNG de Ferrol fai balance dos tres anos de mandato de Ángel Mato

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no Concello de Ferrol, fixo este luns un balanzo dos tres anos do actual mandato municipal, «tres anos caracterizados polo bipartidismo harmónico que impediu que pouco mudase na cidade e avanzou que Ferrol precisa un modelo de cidade moderno e diferente que é o que representa o BNG«.

Na súa análise sinalou que tanto o PP coma o PSOE «decidiron que pouco mudase nesta cidade«. «Desde renovarlle os privilexios á entes como a Autoridade Portuaria cunha amnistía fiscal que a exime de pagar 0,9 millóns de euros ao ano, até manter o criterio de reparto do diñeiro público de maneira discrecional mediante as subvencións nominativas até conservar a simboloxía do pasado con reminiscencias franquistas negándose a dar cumprimento á lei de memoria histórica e reitrar a estatua a Gonzalez Llanos.«

Iván Rivas indica que «xa non é que avancemos lentamente senón que camiñamos cara atrás tanto en aspectos de carácter simbólico onde o mesmo Alcalde se desdí das súas propostas pese a contar co apoio do BNG» como «mudarlle o nome á Praza de Armas por Praza de Concepción Arenal, como no desenvolvemento de proxectos acordados co BNG e entidades da cidade como a rehabilitación da casa de Carvalho Calero que agora se negan a avanzar na súa xestión para poder executar e cumprir acordado«.

O portavoz lembra que estes compromisos «non só foron adquiridos co BNG senón cos diferentes colectivos da cidade como a rehabilitación do mercado de Recimil, a recuperación do Parque do Montón, a municipalización de servizos., como os traballos de desbroces e rozas no rural. E todo pese a contar cos recursos económicos para facelo nos orzamentos municipais.«

Iván Rivas expón que «acordos incumpridos co BNG como demandar ás empresas privadas o cumprimento dos seus contratos seguen sen efectivizarse«. Compromisos adquiridos por estas empresas «como a execución do saneamento do rural por EMAFESA para o que existen millóns de euros recadados a través da taxa de depuración e que a empresa se nega a executar«. Ou a solicitude de devolución de 800.000 euros recadados por Urbaser sobre a base das auditorías feitas á empresa «e que lle corresponden aos veciños e veciñas desta cidade durante o ano 2018 e que o goberno local se nega a demandar.«

Para Iván Rivas o goberno de Ángel Mato «negouse a escoitar propostas desenvolvidas polo BNG para dar solución a problemas que hoxe cada vez se fan máis urxentes de resolver como é a xestión da depuradora ou a do transporte público.«

Ao inicio do mandato propuxéronlle ao goberno local que crease unha empresa municipal de transporte e asumise a xestión do transporte antes de que a empresa concesionaria do servizo licitado pola Xunta iniciase a súa prestación. «Hoxe os problemas de transporte son un dos máis destacados polos veciños da cidade produto da súa precarización derivado dos axustes e rortes nas concesións.«

Propuxéronlle a devolución da EDAR «para que o seu propietario, a Xunta se fixese cargo dela e evitar que os ferroláns pagasen a depuración dos veciños de Narón. Hoxe continuamos a pagar a depuración de Narón e o conflito lonxe de resolverse cada vez se enquista máis.» Outra proposta era «iniciar o camiño da municipalización de servizos como o lixo ou o mantemento de zonas verde. Hoxe continúan sen contrato.«

Ademáis propuxeron a solución «a problemas atascados durante anos» como a situación dun espazo central e fundamental da cidade como o Sánchez Aguilera «modificando o Plan Xeral e desvinculando este espazo do convenio con Defensa para crear unha gran zona verde no corazón da cidade sen necesidade de construír nin máis vivendas nin un centro comercial. Hoxe o problema continúa sen solución e a receita que nos propón o PSOE e o PP é a mesma que nos trouxo até a aquí hai xa 7 anos.«

Iván Rivas destacou para finalizar que este goberno «pretende converter aos ferroláns en estatuas de sal mirando cara atrás na procura de solucións que xa sabemos que non dan resultado, como seguir pensando que a cidade se constrúe para os coches, que a privatización de servizos é a única opción ou que a economía e o problema de vivenda se resolve coa construción de novas urbanizacións

O portavoz afirmaba que Ferrol «precisa mirar cara adiante con propostas alternativas ás que xa se teñen experimentado e solucións de futuro que den respostas as demandas dos seus veciños e veciñas«. Ferrol «precisa saír desta parálise cun modelo de cidade que experimente solucións de futuro que en outros lugares xa son fórmulas de éxito, como a xestión municipal dos servizos para xerar emprego e mellorar a súa prestación, creando novas zonas verdes e recuperando as existentes antes que construíndo máis vivendas nunha cidade co 20% delas baleiras, ou recuperar o espazo público e as rúas para a xente apostando polo transporte público, a peonalización e a redución do tráfico rodado en detrimento de seguir entregando o espazo público da cidade ao vehículo privado

Lea también

Presentación do libro «Ser Cetáceo» de Francisco X. Fernández Naval no Museo de Historia Natural de Ferrol

Este viernes 26 de abril a las 19:30 horas en el Museo de Historia Natural …

Un comentario

  1. Soy incapaz de pasar de las cuatro primeras lineas del discurso del BNG, por razones que todos deberían entender, empezando por decir que estan ahí gracias a su apoyo.
    Desgraciadamente volvemos a aquello de “La izquierda y la derecha” cuando se trata de Ferrol. Son incapaces de apoyar un proyecto que priorice los intereses de la Ciudad por encima de las cuestiones partidistas.
    Ahora todo son disculpas por su apoyo y reproches por una cruda realidad,acompañados de promesas sin un contenido practico, solo intenciones y mucho “humo”.
    Se aproxima el final de otra legislatura perdida y regresan las acusaciones y las falsas promesas de unos grupos que viven de lanzar proclamas y cobrar de nuestros impuestos sin dar “Palo al agua”.